domingo, 23 de octubre de 2011

Desde a rea de Penas

Esi se lle di o sitio-Rea de Penas- preto o chao da serra, encima da aldea de San Román. A panorámica nos amosa a serra da Muruá e o fondo as terras de Caraño e Pol. foto cedida como outras por a xentileza de TXARO para os amigos diste blog.

Pena do forno

A Pena do Forno, sitada encima da aldea de San Román, na serra que os lugareños chaman Montouto. Ista pena ten unha cova con unha lenda que convido a os a migos que teñan coñecemento do tema, expriquen a historia como a sepan, eu so se
i que din que ten algo que ver cos mouros.

Desde a Cruz da Nena


Podemos ver unha panorámica da aldea de San Román, O fondo a serra de (Montouto) donde está a pena do Forno

domingo, 16 de octubre de 2011

DESDE A PENA DO FORNO


Foto cedida por TXARO para os amigos diste blog.
Unha panorámica dende se pode ver a aldea de San Román, O Alledo e a Braña da parroquia de A Braña.
Todo un acerto da sua autora.

O ALLEDO


Iste lugar -O Alledo- forma parte da parroquia de RETIZOS. E unha aldea que estaba formada por duas vivendas e unha capela donde se celebraba a festividade de O ROSARIO ( primeiro domingo de octubro).
Tamen era lugar de parada e fonda para os viaxantes ( arrieiros, comerciantes e recadeiros) que, facian a ruta dende Mondoñedo a Castela por o chamado camiño real, principal ruta de aquela época, cando ainda non había estradas por a zona.